153 duatletas en Boiro

cartel boiro_duatletas en boiro

30 de Abril de 2021

O Campionato Xunta de Galicia de duatlón de estrada terá lugar este sábado día 1 de Maio no Concello de Boiro en distancia sprint de 5 km de carrera, 20 km de ciclismo y 2,5 km a pie, con saídas separadas cada 20 segundos para manter a distancia entre deportistas.

O inicio da competición está sinalado para as 16:30 coa saída feminina e as 18:30 coa saída masculina en formato contrarreloxo con saídas por parellas cada 20 segundos según a posición no ranking do circuito galego de Dúatlon.

54 mulleres e 99 homes que buscarán convertirse nos millores duatletas da Comunidade Galega.

A posición actual do ranking galego está liderado por Tina Marie Fernández Barreiros do Artrogal Tri 498 na categoría feminina e por Facundo Ismael Medard do Triatlon Arteixo na categoría masculina.

PROGRAMA

15:00 Apertura secretaría para a competición
16:30 Saída Feminina
18:30 Saída Masculina
18:45 Entrega de Premios Feminina
20:15 Entrega de Premios Masculina

Os/as deportistas estarán na cámara de chamadas 10 minutos antes da súa saída.
A saída e a chegada está situada na Praza de Galicia (Concello de Boiro)

Podes votarlle un vistazo a reunión técnica oficial na seguinte ligazón -> REUNIÓN TÉCNICA

Moita sorte a todos os participantes. 💪💪💪

Recordade que é necesario que levedes impresa e firmada a declaración reponsable para entrar na sede fechada da proba. 

76 / 100

Quizáis che interese…