Cambio de Aseguradora e protocolo do Seguro Deportivo menores 0-16 anos da Secretaría Xeral para o Deporte

Cambio de Aseguradora e protocolo do Seguro Deportivo menores 0-16 anos da Secretaría Xeral para o Deporte

15/10/2020
Cambio de  Aseguradora e protocolo do Seguro Deportivo menores 0-16 anos da Secretaría Xeral para o Deporte

En relación ao Seguro Deportivo 6-16  segue activo pero  no día de hoxe, 15 de outubro, remata a póliza coa compañía MGC e comeza unha nova aseguradora AIG.

Xúntase o novo protocolo e unha infografía resumo onde se inclúe o novo número de teléfono de asistencia (917372818) e a nova plataforma, entre outras consideracións.

Esta información tamén se actualizará na parte traseira dos carnés de Xogade.

Debemos aclarar que:

  • Os expedientes abertos a día de hoxe e as lesións que se produzan ao longo do día de hoxe (xoves, 15 de outubro de 2020) deberán continuar a súa atención e/ou dar parte na compañía actual, MGC.
  • As lesións que se produzan no día 16 e a partir dese día 16 de outubro de 2020 xa deberán aplicar o novo protocolo que achegamos coa compañía AIG.

Ao longo do día de hoxe actualizarase a páxina de Xogade e a aplicación con toda a  información.

PROTOCOLO SEGURO DEPORTIVO MENORES 0-16 DENDE O_16 DE OUTUBRO

INFOGRAFIA