COMUNICACIÓN CAMBIOS CALENDARIO TRIATLON DO MES DE SETEMBRO

22 de Xullo de 2020

Recibidos os comunicados da organización dos seguintes triatlóns, manifestando o seu compromiso co noso deporte para o futuro o futuro pero  motivados pola evolución da crise sanitaria do COVID19, toman de mutuo acordo cos Concellos que daban soporte ás mesmas, valorados os pros e contras,  a decisión de cancelar finalmente a organización destas probas:
  • V Triatlón Boamorte Bikes Sanxenxo
  • XXXII Triatlón do Miño
  • VI Vertiatlón Solidario de Baiona.
A Federación continuará traballando para tentar aportar competición a deportistas e clubs coas máximas garantías dentro do marco actual e buscando medidas para contribuír á mellora da situación de deportistas, clubs e resto de estamentos. Calquera cambio será comunicado.
 
Agardando a vosa comprensión pregamos deades difusión 
 

Quizáis che interese…

153 duatletas en Boiro

153 duatletas en Boiro

O Campionato Xunta de Galicia de duatlón de estrada terá lugar este sábado día 1 de Maio no Concello de Boiro en...