CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA DE PONTEVEDRA (Curso 2020/21)

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA DE PONTEVEDRA (Curso 2020/21)

15/07/2020
CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA DE PONTEVEDRA (Curso 2020/21)

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACION DEPORTIVA DE PONTEVEDRA (Curso 2020/2021)
Solicitudes:

Ata o próximo 31 de xullo de 2020

Enviar formulario de solicitude cuberto e documentación acreditativa a info@fegatri.org
As prazas para o próximo curso teñen que solicitalas todos/as aqueles/as deportistas que desexen entrar no CGTD e os/as que están becados na actualidade.

Tipos de prazas
Tecnificación e Rendemento
TECNIFICACIÓN
Dereito a pensión completa de Luns a Venres, adestramentos e servizos médicos.
Deportistas nados e nadas nos anos: 2006, 2005, 2004 e 2003 . É dicir, cursar no próximo ano 3º, 4º de ESO ou 1º, 2º de BACH.
RENDEMENTO
Dereito a adestramentos e servizos médicos, segundo os resultados deportivos, poden ter dereito tamén a xantar e residencia.

Para máis información, poden consultarse as bases da convocatoria na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200714/AnuncioG0244-060720-0003_gl.html

Para optar a becas no CGTD teranse en conta:
– Expediente e traxectoria académica.Deberase xuntar copia do boletín notas sinalando a cualificación media.
– Resultados deportivos en competicións (autonómicas, nacionais e internacionais) nos últimos 2 anos.
– Valoración técnica do adestrador/a responsable.
– Valoración residencial (só renovación bolseiros e bolseiras).

Convocatoria Prazas CGTD 2020/2021

Formulario solicitude