VERÓNICA MONTES E DARÍO MANUEL OTERO, CAMPIÓNS GALEGOS DE DUATLÓN CROSS EN MASIDE

31 de Xaneiro de 2016

Verónica Montes (Trinity Tríatlon) e Darío Manuel Otero (Tríatlon o Treito) proclamáronse hoxe en Meside campións galegos  de Duatlón Cross, nunha proba que era a terceira do circuíto galego 2016 e tamén formaba parte do Aviamán-Cross.

IMG-20160131-WA0016Na categoría masculina, Darío Manuel Otero estivo sempre entre os mellores pero foi na bicicleta onde cimentou de forma clara a súa vitoria. No primeiro segmento ía en cabeza Elpidio Gómez (licenza dun día), pero na bicicleta Darío Manuel fixo un parcial espectacular que lle permitiu non só alcanzalo senón tamén superalo de forma clara. Tanto, que no terceiro sector só tivo que ir administrando as distancias, para chegar a meta con moita superioridade (01:39:35). A segunda posición foi para Elpidio Gómez (01:42:06) e terceiro David Calzas (Tríatlon Costa da Morte) cun tempo de 01:42:52. Elpidio, ao ser licenza dun día, non conta para a clasificación do Campionato Galego, aínda que si para o Duatlón Cross de Maside. Así, na clasificación do galego, Otero foi o campión; Calzas, prata e Enrique Morán (Atletismo Porriño) acadou a medalla de bronce (01:43:59).

 

Na categoría feminina, o título estivo máis rifado. Verónica Montes e Lara Lois (GV Sports Club) mantiveron un duelo pechado no primeiro segmento, pero na bicicleta Monte foi quen de acadar unha distancia de minuto e medio que despois foi decisivo no último segmento. Así, Verónica revalidou o título do pasado ano cun tempo de 02:05:16, mentres que segunda foi Lara Lois (02:06:10) e o bronce foi para Silvia Deira (Arcade) cun tempo de 02:11:18.

 

Os participantes tiveron que correr 6 quilómetros, facer 20 quilómetros en bicicleta de montaña e remataron con 3 quilómetros a pe, con paso pola paraxe natural do Puzo do Lago.

 

Os vencedores da proba noutras categorías foron:

 

  • Júnior: Pablo Pedrosa (Tríatlon Ferrol)
  • Veterán 1: Silvia Deira (Arcade Inforhouse) e Elpidio Gómez (licenza dun día).
  • Clubs: Tríatlon o Treito (masculino).

 

Esta proba, ademais de ser o Campionato Galego de Duatlón Cross 2016, forma parte do Circuíto Galego que está formado por tres probas: Beariz, Samieira e Maside. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. Na proba de Beariz resultaron vencedores Elpidio Gómez (licenza dun día) e María Martínez (Atletismo Porriño), mentres que en Samiera (Poio) gañaron Marcos Mayo (Tríatlon O Treito) e Lara Lois (GV Sports Club).

 

 

 

Quizáis che interese…