Camila Alonso e Antonio Serrat, vencedores da I Trivolta a Galicia

2 de Maio de 2017

Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse durante esta ponte de Maio vencedores da I Trivolta a Galicia, unha proba absolutamente novidosa, na que os participantes realizaron tres etapas con diferentes distancias (mini-sprint, sprint e olímpico) e para a xeral sumouse o total dos tempos conseguidos.

 cedeira femAmbos os dous foron os vencedores sen discusión algunha, xa que gañaron as tres etapas. A primeira, coa distancia máis curta (300 metros de natación, 6,5 quilómetros de ciclismo e 2 de carreira a pe), celebrouse en Arteixo. Na categoría masculina, triunfo para Serrat (23:02), sendo segundo Luismi Velásquez, do Tri-Penta, (23:33) e terceiro, Alberto Castiñeira, do Tríatlon Arteixo (24:01).

Na categoría feminina, vitoria para Camila Alonso cun tempo de 25:48, mentres que segunda foi a su irmá e compañeira de club, Melina Alonso (26:19) e terceira Edymar D. Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) cun tempo de 28:48.

Segunda etapa: Riveira. A segunda etapa disputouse en Riveira sobre a distancia sprint, e o podio foi o mesmo tanto na categoría masculina coma feminina. Antonio Serrat venceu cun tempo de 56:29, con Luismi na segunda posición (58:32) e Alberto Castiñeira, 3º (58:52). O podio feminino tampouco cambiou: Camila Alonso, 1ª cun tempo de 01:05:39, coa súa irmá moi preto (01:06:00) e Edymar bastante descolgada (01:13:39).

Terceira etapa: Cedeira. A terceira e última etapa disputouse o día 1 de maio e foi a máis dura pola baixa temperatura da agua, precisamente no día en que as distancias eran as máis longas (1.500 – 36 – 10). Pero os protagonistas non cambiaron. Serrat gañou aínda con máis superioridade (01:59:20), igual que Camila Alonso (02:24:22).

trivolta-xeral

clasificacions-etapa-arteixo

etapa-2-riveira

etapa-cedeira-trivolta

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...