Campionato de España de Duatlón SuperSprint por Clubes (La Nucia)

FETRI La Nucia

7 de Maio de 2021

Esta fin de semana celébrase en La Nucia o Campionato de España de Dúatlon SuperSprint por Clubes, Relevos/parellas e Clubes 2×2 onde teremos participación de equipos galegos.

Na proba por clubes da 1ª División Feminina estarán na línea de saída o Náutico de Narón, o Cidade de Lugo Fluvial, o Tri-Penta Terras de Lugo e o Tríatlon InforHouse de Santiago. Na proba masculina teremos representación galega con Cidade de Lugo Fluvial e Tríatlon InforHouse de Santiago.

O clube Olímpico de Vedra participará na proba feminina da 2ª División.

Tamén temos participantes galegos no Campionato de España de Dúatlon SuperSprint por Relevos/Parellas co Náutico de Narón, Cidade de Lugo Fluvial, Tri-Penta Terrras de Lugo, Tríatlon InforHouse e Olímpico de Vedra, na categoría Élite feminina. 

Na categoría Élite masculina participan o Cidade de Lugo Fluvial, Tríatlon InforHouse, Tríatlon Ferrol, Club Olímpico de Vedra, Tri-Penta Terras de Lugo, Tríatlon Arteixo e Club Tríatlon Compostela. 

O día 9 de Maio celébrase o Campionato de Dúatlon SuperSprint por Clubes 2×2 onde voltarán a competir nas probas estes mesmos clubes.

Moita sorte. 💪💪💪

Podes consultar toda a información do evento na páxina web da Federación Española de Tríatlon

Quizáis che interese…

O tríatlon galego non para

O tríatlon galego non para

Esta fin de semana estivemos moi pendentes dos nosos móviles. Os máis xóvenes facían das súas en...