Pablo Dapena favorito no Challenge Riccione 2021

pablo dapena en Challenge Riccione 2021

7 de Maio de 2021

Esta fin de semana volta a competición o galego Pablo Dapena despóis da súa exhibición no Challenge de Mogan fai dúas semanas. Esta vez parte como favorito no Challenge de Riccione onde voltará a atoparse con Sebastian Kienle que lucirá o dorsal 1.

pablo dapena en Challenge Riccione 2021

Foto do Instagram de Pablo Dapena

O galego xa se atopa en Italia adestrando para chegar ó domingo coas forzas necesarias para loitar pola victoria. Ademáis de Sebastian Kienle, tamén estarán na línea de saída Guilio Molinari, gañador da edición 2018, Andi Boecherer, Ruedi Wild, Thomas Davis, Peter Heemeryk ou Thomas Steger entre outros triatletas de media distancia.

Podes consultar a lista de saída na páxina web do Challenge de Riccione.

O domingo a partires das 9:30 AM voltaremos a vibrar co tríatlon e con Pablo Dapena.

Moitísima sorte. 💪💪💪

Quizáis che interese…