Despóis dos excelentes resultados do fin de semana pasado co quinto posto nas Series Mundiais de Hamburgo do triatleta galego Antonio Serrat, esta fin de semana tócalle o turno a Valencia. Campionato de Europa de Tríatlon con máis de 2000 triatletas nas diferentes saídas de grupos de idade, elite e paratriatlon.
O galego Antonio Serrat será a gran baza do equipo español na proba élite, acompañado de Genis Grau, Sánchez Mantecón, David Castro, Sergio Baxter e Alberto González. Na categoría feminina tamén temos presencia galega, coa triatleta Sara Guerrero do Náutico de Narón, nun gran estado de forma, acompañando a Xisca Tous, Marta Pintanel, Iratxe Arenal e Natalia Hidalgo.
Moita sorte e estaremos atentos dende Galicia. 💪💪💪💪