3 galegos nas Series Mundiais de Hamburgo

17 de Setembro de 2021

Este Sábado 18 de Setembro, os primeiros puntos do ranking para a tempada 2022 están en xogo nas Series Mundiais de Hamburgo e os galegos estamos de noraboa porque temos 3 representantes dos triatleas seleccionado pola Selección Española para o evento.

O galego Antonio Serrat Seoane comeza a tempada como único representante da TriArmada e temos dobre representación galega no relevo mixto español coa presencia de Sara Guerrero Manso e Esteban Basanta. 👏👏👏👏

Antonio Serrat empeza o ano como o acabou, cunha forma extraordinaria e co obxectivo de conseguir subirse ao podio nunha proba das Series Mundiais por primeira vez na súa carreira.

antonio serrat

Foto do Instagram do WorldTriatlon

Sara Guerrera entra noutra convocatoria da Selección Española no relevo mixto, despóis das súas grandes actuacións en diferentes probas neste 2021. A galega do Náutico de Narón, sempre o da todo nas probas onde participa, así que en Hamburgo disfrutaremos doutra gran actuación, seguro.

Sara Guerrero en Caorle

Moi orgullosos da convocatoria para esta cita en Hamburgo do triatleta do Cidade de Lugo Fluvial Esteban, Basanta. Convocatoria moi merecida pola súa parte, despóis da gran tempada que está a facer neste 2021.

Copa de Europa Junior en Serbia_esteban basanta

Todos atentos o sábado 18 de Setembro a partir das 15:14 para a saída feminina e ás 18:00 para a saída masculina. A saída do relevo mixto será o domingo 19 de Setembro a partir das 14:24 da tarde.

Moita sorte os tres galegos participantes e sigamos disfrutando do tríatlon en estado puro.

Quizáis che interese…