Campionato Xunta de Galicia de Duatlón 2020

Campionato Xunta de Galicia duatlón 2020

21 de Decembro de 2020

Joselyn Brea e Iván Puentes Campións Xunta de Galicia de Duatlón 2020

Finalizamos a tempada 2020 coa proba do Campionato Xunta de Galicia de Duatlón 2020 onde Joselyn Brea do Tripentas de Lugo e Iván Puentes do Triatlón Ferrol, proclamáronse campións galegos de duatlón.

Unha proba onde todos os participantes cumpriron coas medidas sanitarias esixidas polos xuíces da Federación Galega de Tríatlon e que grazas ao Concello de Narón e o Náutico de Narón conseguimos que fose todo un éxito e sen ningún incidente sinalado.

A proba desenvolveuse nun ambiente deportivo sen precedentes no duatlón galego, con dúas saídas diferentes para as mulleres e os homes, con saídas cada minuto entre os partipantes.

Ás 10:15 foi o turno para as mulleres cunha excelente participación, saíndo en parellas cada minuto. Ás irmáns Brea do Tripentas de Lugo acadaron as primeiras posicións por diante de Elsa Pena do Triatlón Cidade de Lugo.

joselyn brea_campiona xunta de galicia de duatlon

Ás 12:15 foi o turno para a proba masculina, onde o triatleta ferrolán Iván Puentes acadou a victoria por diante de Andrés Prieto do Fogar e Andrés Cendán do Cidade de Lugo fluvial

Ivan puentes campionato de xunta de galicia duatlon

O Tripentas Terras de Lugo conseguíu a victoria por clubes na proba feminina, por diante do Cidade de Lugo Fluvial e o Náutico de Narón. Na proba masculina a victoria por clubes foi para o Cidade de Lugo Fluvial por diante do Triatlón Ferrol e o Arcade Inforhouse Santiago.

Podes consultar todas as clasificacións a través do seguinte enlace.

Dende a Federación queremos agradecer a todos os participantes o esforzo que fixeron para estar en Narón e a todas as institucións que confiaron en nós para sacar adiante esta proba. Esperamos que o próximo ano voltemos a normalidade e sigamos disfrutando deste maravilloso deporte.

Felices Festas!!

Fotos xentileza de Fotocarlosgrafias

Quizáis che interese…