Resultados IV Tríatlon de Menores de Sada

10 de Xuño de 2018

Máis de trescentos deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete participaron hoxe no IV Tríatlon de Menores de Sada, que discorreu nun gran ambiente e con magníficos xoves triatletas.

Desta forma, na categoría cadete destaca o triunfo de dous deportistas que están acadando moi bos resultados a nivel nacional, como Jorge González (Natación Riveira) e Carla Guisande (Cidade de Lugo Fluvial).

Ademais, en alevín feminino venceu María Filgueiras (Tríatlon Ferrol), mentres que na masculina gañou Damián Suárez (Natación Cedeira). En benxamín masculino logrou a vitoria Álvaro Cobelas (Natación Pabellón Ourense), con Noa Souto (Tríatlon Ferrol) no máis alto do podio benxamín feminino.

Por último sinalar as vitorias de Carla Fernández (Cidade de Lugo Fluvial) e Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol) na categoría infantil.

*Pendente de completar as clasificacións (aínda provisionais)

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....