CARMEN GÓMEZ, CUARTA E ANDRÉS CENDÁN, DÉCIMO NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA JÚNIOR

22 de Marzo de 2015

Hoxe domingo celebrouse a proba júnior da Copa de Europa de Quarteira, tamén con bos resultados para as e os deportistas galegos. Na categoría feminina, Carmen Gómez estivo moi preto do podio, ao quedar a só dez segundos da terceira clasificada cun tempo final de 1:02:56. Gómez estivo sempre entre as mellores e con opcións de medalla. Magnífica actuación da nosa deportista. Na proba tamén participaron Sara Guerrero (26ª), Paula Herrero (43ª) e Irene Serrat (52ª).

Na categoría masculina, os galegos tamén fixeron un bo traballo. Andrés Cendán logrou entrar no top-ten da proba cun tempo de 56:44. Andrés estivo nos primeiros postos dende a natación, nun grupo importante de máis de quince deportistas, e foi na carreira a pe onde se decidiu todo. Alberto Castiñeira ocupou a 20ª posición e Carlos Brión foi 60ª.

www_triathlon_org_results_result_2015_quarteira_etu_triathlo JUNIOR FEM

www_triathlon_org_results_result_2015_quarteira_etu_triathlo JUNIOR MAS

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...