CASE 240 INSCRITOS NA PRIMEIRA EDICIÓN DO OCEAN LAVA GALICIA, QUE SE CELEBRARÁ O DOMINGO 10 DE SETEMBRO

8 de Setembro de 2017

Case 240 deportistas participarán o próximo 10 de setembro en Cambados na primeira edición do Ocean Lava Galicia, que conta con dúas probas de distancias diferentes: 113 e 60 quilómetros.

A proba comezará ás 8:30 horas en  Cambados, cunha natación en liña entre os portos de San Tomé e Tragove. A natación será a mesma para as dúas distancias (1,9 quilómetros). Despois chega o momento da bicicleta, que no caso da proba 113 –con máis de 100 deportistas na liña de saída- será de 90 quilómetros e rematará con 21,1 quilómetros de carreira a pe. Na outra modalidade, que conta con 135 deportistas inscritos, as distancias serán menores: 47,4 quilómetros de ciclismo e 10,7 de carreira a pe.

Máis información :http://oceanlavagalicia.com/

Quizáis che interese…