GUSTAVO RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ MAÑÁ NO EUROPEO DE LONGA DISTANCIA

8 de Setembro de 2017

O galego Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) disputará mañá sábado 9 de setembro en Almere (a 27 quilómetros de Amsterdam) o Campionato de Europa de Tríatlon de Longa Distancia.

O galego enfronta este novo reto da tempada, despois de ter que retirarse do Embrunman por culpa dunhas molestias nas costas. Gustavo, que se atopa en boas condicións, xa está en Almere e con ganas de facer un bo papel, aínda que prefire non falar de obxectivos.

Nesta proba os participantes deberán facer 3.800 metros nadando, 180 quilómetros de bicicleta e rematarán cunha maratón de 42 quilómetros.

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....