CATRO DEPORTISTAS E UN TÉCNICO, CONVOCADOS POLA FETRI PARA UNHA CONCENTRACIÓN JÚNIOR

10 de Marzo de 2015

Esta fin de semana celebrarase no CAR de Madrid unha concentración de deportistas das categorías júnior e youth e na mesma estarán presentes catro deportistas (Carmen Gómez, Inés Santiago, Sara Guerrero e Carlos Brión) e un técnico (Jonathan Cancela). Todos eles adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e están a acadar magníficos resultados nos campionatos de España das súas categorías. A Federación Galega de Tríatlon é a que aporta máis deportistas a esta convocatoria, seguida de Andalucía (con tres).

A concentración comezará o día 13 e finalizará o 15, e destaca de forma fundamental o dominio galego na categoría feminina júnior, xa que das catro deportistas titulares, tres son galegas. Ademáis, entre os reservas tamén figuran dous deportistas galegos (Víctor Souto e Marcos Ruiz, na categoría youth).

Noraboa para todas e todos e a seguir traballando!

PRE CONVOCATORIA CONCENTRACION JUNIOR

PRE CONVOCATORIA CONCENTRACION YOUTH

 

Quizáis che interese…