Charlas sobre Tríatlon nos colexios da Coruña

12 de Marzo de 2015

Nova Club Natación Cedeira Muebles García:

Gracias á colaboración do CEIP Nicolás del Río de Cedeira, a través do seu Director, Alejandro Martínez, e o Club Natación Cedeira Muebles García, vanse a realizar diferentes eventos deportivos-educativos de forma conxunta ao longo do curso.

O primeiro deles foi onte, 11 de marzo, xa que o noso Director Deportivo, Xan Suárez, se desprazou ata o Colexio de Cedeira a impartir unhas charlas sobre Triatlón. Os nenos agrupárone en 3 grupos por idades, e foron escoitando con moito interés o que Xan estaba a ensinar. Visualizaron vídeos de probas internacionais de Tríatlon, probas de Tríatlon infantil, e vídeos dos adestramentos que o Club Natación Cedeira Muebles García realiza cos seus triatletas. Tamén aprenderon as modalidades do Tríatlon e puideron vivenciar uns pequenos exercicios de bicicleta e de coodinación. A verdade é que a acollida foi moi boa, os nenos e nenas atenderon e quedaron abraiados cun deporte que para a maioría era descoñecido. Ao término das charlas entregámoslles unha ficha que tiña unha invitación gratuíta para poder vir a probar durante un mes aos nosos adestramentos. Quedamos moi satisfeitos coa experiencia, agardamos que veñan a probar o triatlón con nos un gran número de nenos e nenas, e esperamos poder repetir o vindeiro curso.

Agradecemos a excepcional colaboración do CEIP Nicolás del Río, aos seus Mestres, e especialmente ao seu Director, Alejandro Martínez.

Quizáis che interese…