O 20 de marzo celebrouse no Auditorio Municipal de Ribeira a gala dos Premios Deporte Galego, que de maneira excepcional e a causa da pandemia, abarcaron catro exercicios: 2019, 2020, 2021 y 2022.
Na ceremonia premiáronse aos axentes máis destacados do deporte galego en 18 categorías, sendo o Cidade de Lugo Fluvial galardoado como mellor equipo masculino.
Adrián Vázquez recolleu o premio que recoñece o traballo do clube e os magníficos resultados deportivos conseguidos ao longo destes anos.
Parabéns!