Sara Guerrero, 27ª na Copa do Mundo de New Plymouth (Nova Zelanda)

27 de Marzo de 2023

A triatleta galega, Sara Guerrero, competiu o pasado fin de semana na Copa do Mundo de New Plymouth, logrando a 27ª posición.
A vencedora da proba foi Nicole Van Der Kaay (NZL), seguida de Ainsley Thorpe (NZL) e Solveig Lovseth (NOR).

Xunto a Guerrero, as triatletas Noelia Juan (12), Marta Pintanel (17), Anna Godoy (DNF) e David Castro (54) completaron a expedición española que se desprazou ata a cidade neozelandesa.

A naronesa continúa gañando experiencia en competicións internacionais e sumando puntos de cara ao ranking olímpico.

Ver clasificacións

Imaxe: World Triathlon

Quizáis che interese…