Cidade de Lugo Fluvial, Subcampión de España de Dúatlon por Clubes e por Relevos Mixtos

14 de Marzo de 2023

  • 7 equipos galegos participaron nas dúas primeiras probas da Liga Nacional de Dúatlon
  • En Primeira División masculina, medalla de prata para o Cidade de Lugo Fluvial
  • Antonio Serrat (Cidade de Lugo Fluvial) e Iván Puentes (Tríatlon Ferrol)  foron 2º e 3º na proba individual, aportando valiosos puntos aos sus equipos
  • Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) moi preto do top10 na proba individual
  • Nos relevos mixtos, medalla de prata para o Cidade de Lugo Fluvial con Nacho Gálvez, Elsa Pena, Lucas García e Marta Novo

Esta fin de semana disputáronse as dúas primeiras probas da Liga Nacional de Clubes de Duatlón. Albacete foi a sede elixida para celebrar o Campionato de España de Duatlón por Clubes e o Campionato de España de Duatlón por Relevos Mixtos e alí acudiron deportistas e clubes galegos. En total, 7 foron os clubes galegos que se presentaron na localidade manchega para competir na súa correspondente división.

O sábado celebrouse o Campionato de España de Duatlón por Clubes.
Na Primeira División masculina, o Cidade de Lugo Fluvial logrou unha magnífica segunda posición co equipo formado por Nacho Gávez (1º), Antonio Serrat (2º), Kevin Tarek Viñuela (10º), Celestino Fernández (27º), Alberto Romero (30º), Lucas García (31º), Esteban Basanta (37º), Andrés Cendán (40º), Javier Cabrero (61º) e Jarno Pousada (110º).

O Tríatlon Inforhouse Santiago conseguiu o 11º posto grazas ao esforzo de Antonio Pedro da Silva (35º), Jorge González (41º), Xosé Pérez (93º), Juan Pablo Díaz (95º), Adrián Martínez (100º), Cristian Muíño (107º),Thomas Afonso (108º), Juan Carlos Romero (112º) e Jacobo Crego (114º).

Mentres que o Tríatlon Ferrol finalizou 12º, sumando os puntos de Iván Puentes (3º), Ismael Vieitez (70º), Diego Carballeira (72º), Daniel Gómez (80º), Alejandro Rodríguez (86º), Hugo Prida (89º), Marcos Ruiz Brage (133º), Daniel Ríos (139º), Juan Rejas (142º) e Pablo Pedrosa (145º).

Na Primeira División feminina, o Cidade de Lugo Fluvial rematou a xornada cun 5º posto, destacando a actuación de Elsa Pena (11º). O equipo completouno Marta Novo (30º), Andrea Iglesias (33º), Lucía Vergara (44º), María Rubio (58º), Isabel Navarro (61º), Tania Martínez (88º), Uxía Campos (93º), Jimena Fernández (120º) e Gemma Domenech (122º).

11º posto para A.D. Náutico Narón con Iratxe Arenal (21º), Eval Piñel (29º), Belinda González (32º), Andrea Trigo (44º), Candela Sánchez (77º), Daniela Sierra (80º) e Inés Serantes (109º).

E 14º posto para o Tríatlon Inforhouse Santiago con Ainoa Gontán (35º), Lara Castro (73º), Ana García (104º), Martina López (116º), Adriana Pensado (117º), Marta Budiño (118º), Alba Muñíz (123º), Noelia Rey (125º) e Laura Izquierdo (130º).

Na Segunda División masculina, a A.D Náutico Narón logrou o 5º posto con Jesús García (18º), Denis Incutti (19º), Carlos Lozano (25º), Brais Canosa (26º), Nicolás Domínguez (57º), Carlos Bautista (58º), David Esteban (79º), Pablo Freire (82º), Eloy Breogán (118º) e Daniel Martínez (133º).

Pola súa banda, o Tríatlon Arteixo rematou no posto 15º. O equipo formouno Antón Gómez (42º), Mikel Ocerin (61º), Marco Castiñeira (97º), César Pazo (112º), Alejandro Pérez (114º), Cristian González (135º), Óscar González (136º), Rubén Sánchez (138º), Anxo Meizoso (139º) e Igancio Moreira (143º).

Na Terceira División masculina, o Club Tríatlon Compostela logrou o 7º posto con Pedro Liste (8º), Alejandro Rodríguez (16º), Alberto Dopazo (18º), David Cutrin (19º), Manuel Fraga (40º), Alberto Parras (43º), Diego Santiago (49º) e Pio Iglesias (71º).

Mentres que o Club Tríatlon Mar de Vigo rematou no posto 27º co equipo formado por Arturo Peixoto (89º), Iván Pereira (91º), Adrián Aira (94º), David Iglesias (102º), Daniel Pérez (103º) e Alberto López (105º).

Na Terceira División feminina, o Club Tríatlon Compostela rematou no posto 14º. Apolonia  Bermúdez (40º), Natalia Lorenzo (54º), Susana Nieto (99º), Vanessa Alejandra Guerrero (101º), Dolores Rey (116º), Noemi Couselo (127º) e María Isabel Mougan (132º) formaron o equipo.

Nesta división tamén competiu o Club Tríatlon Mar de Vigo, quen logrou o 18º posto coas duatletas María Vilariño (21º), Amanda Fernández (71º), Antía Pazos (82º), Amaia García (113º), Marina Cid (136º) e Marta Rial (140º).

Ao día seguinte celebrouse o Campionato de España de Duatlón por Relevos Mixtos no que participaban dous mulleres e dous homes de cada clube.
O Cidade de Lugo Fluvial volveu subir ao podio tras chegar á meta en segunda posición, por detrás do Club de Tríatlon Diablillos de Rivas.
Tríatlon Ferrol 21º, Tríatlon Inforhouse Santiago 22º, A.D. Náutico de Narón 25º e Tríatlon Arteixo 32º.

Tras as dúas primeiras xornadas da Liga, o Cidade de Lugo Fluvial colócase primeiro na categoría masculina e cuarto na categoría feminina.

Resultados Campionato de España de Duatlón por Clubes

Resultados Campionato de España de Duatlón por Relevos Mixtos

Foto: Carlos Asensi Catala

Quizáis che interese…