SEGUNDA XORNADA DO MUNDIAL DE VIVEIRO – RELEVOS MIXTOS TRIATHLE

23 de Setembro de 2017

Na segunda xornada do Mundial de Viveiro de Biathle e Triathle celebrouse a proba de relevos mixtos de Triathle con dominio dos países favoritos e dúas medallas para España.

Na categoría sénior, os franceses Henrard and Belhamr, que xa venceran o día anterior en Biathle, volveron demostrar a súa superioridade para lograr a medalla de ouro. O podio completouse con Sudáfrica (2º) e a República Checa (3º). En júnior, foi a República Checa a vencedora, con Sudáfrica en segunda posición e Kazajistán, co bronce.

Novamente as medallas estiveron principalmente repartidas entre Sudáfrica, Gran Bretaña e Exipto, aínda que a República Checa súmase ao medalleiro con forza (onte logrou 1 ouro e 4 pratas) . Onte tamén se estrearon no medalleiro Rusia (con 1 ouro e 1 prata) e India (foi bronce en -11).

Con respecto á delegación española, na xornada de onte sumáronse dúas medallas. O ouro foi para Natalia Sánchez e Javier Carnero en máster 40, mentres que Begoña García e Ángel Fernández lograron o bronce en máster 60.

Hoxe disputarase a proba individual de Triathle.

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....