Comunicado Oficial para a práctica do deporte federado en Galicia. 20 de xaneiro 2021

Comunicado da Xunta de Galicia para o deporte federado

20 de Xaneiro de 2021

Esta mañá recibimos o comunicado oficial da Xunta de Galicia a través do DOG para a práctica do deporte federado na nosa comunidade a partir das 00:00 horas do día 21 de Xaneiro de 2021.

Comunicado da Xunta de Galicia para o deporte federado

Comunicado Oficial no DOG

Recoméndase no relativo ao deporte federado de ámbito autonómico a suspensión das competicións e no tocante aos adestramentos que deban respectar as limitacións de entrada e saída existentes nos correspondentes ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

Respecto das competicións estatais e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos seus protocolos federativos.

Actividades e instalacións deportivas

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de 4 persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual ou colectiva cun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non supere o 50% da capacidade máxima permitida.

Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Suspéndense as competicións deportivas de nivel autonómico

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva, debendo respetarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo ao establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

Dende a Federación Galega de Tríatlon queremos mandar unha mensaxe de esperanza para que esta situación termine canto antes e que todos tenñamos moito coidado.
Na Federación seguimos traballando para retomar as competicións en canto sexa posible.

 

 

Quizáis che interese…