CONVOCATORIA CURSO OFICIAL NIVEL 1 DE TRIATLÓN GALICIA (FETRI/FEGATRI)

8 de Xaneiro de 2021

A  Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno a través do seu Comité Galego de Xuíces e Oficiais e dentro das actividades formativas previstas para 2021, celebrará  o próximo mes de xaneiro e febreiro un curso de Oficial Nivel 1 de Tríatlon en colaboración coa Federación Española de Tríatlon acolléndose á nova normativa de formación establecida polo Comité Nacional de Oficiales da FETRI.

Se tes interese en formar parte dunha equipa consolidada de oficiais e coñecer o deporte do tríatlon dende un punto de vista diferente, ANIMÁMOSTE A FORMARTE COMO OFICIAL  e unirte á nosa gran familia.

DURACIÓN: 12 h. (9 online e 3 presenciais

 

REQUISITOS:

  • Ter 16 anos cumpridos no momento do inicio do curso e estar en posesión de Título de  ESO ou equivalente/superior.
  • Recoméndase avaliación psicotécnica para o cumprimento das labores de oficiais.

OBXECTIVOS :
• Coñecemento do Tríatlon e das súas modalidades
• Aportar oficiais a este deporte
• Coñecer o funcionamento do regulamento e as sancións e saber como actuar
• Coñecer o traballo a desenvolver nos diferentes segmentos

 

DESENVOLVEMENTO DO CURSO

  • Una parte común impartida pola FETRI  en aula virtual en tres sesións de 3h cada una.
    • Sábado 23 de xaneiro, de 9:30 a 13
    • Domingo 24 de xaneiro, de 10 a 13
    • Sábado 30 de xaneiro, de 10 a 13
  • Una parte específica presencial en Galicia (Pontevedra/Santiago a determinar segundo inscrición)- 3h.
    • Sábado 20 de febreiro de 10:00 a 13:30
  • 3 prácticas a desenvolver en competición Galega- 18 h.
    • Sábado 20 de febreiro de 10:00 a 13:30

 

CUSTE: 40€ a aboar coa inscrición na plataforma  FETRI

  • Formación aula virtual (9 horas) e presencial (3 horas)
  • Certificado de ter completado a fase teórica (caso de superala)
  • Obsequio FETRI

Unha vez superada a fase teórica, a FEGATRI, a través do Comité de Oficiales, coordinará o proxecto formativo na fase de prácticas e a adscrición  do oficial á Federación informándoo de todos os custes federativos, entrega de uniformidade, e organización do colectivo na súa proxección autonómica.

 

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

https://competiciones.triatlon.org/es/evento/curso-de-oficiales-tecnicos-de-triatlon-fetri-nive

 

OUTRAS CONSULTAS e INFORMACIÓN:

Para calquera outra consulta podes dirixirte á Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno

fegatri@hotmail.com  Tlf. 982 251345

Quizáis che interese…