Convocatoria Campus Adestramento Programa Amazonas FETRI (Pulpí)

Convocatoria Campus Adestramento Programa Amazonas FETRI (Pulpí)

18/11/2020
Convocatoria Campus Adestramento Programa Amazonas FETRI (Pulpí)

 

 CAMPUS ADESTRAMENTO DO PROGRAMA AMAZONAS DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TRÍATLON

 

Dirixido a:

Deportistas con licenza en vigor na Federación Española de Tríatlon

 

Datas:

Do 25 ao 29 de Novembro

(pendente confirmación definitiva FETRI)

 

Lugar de Celebración:

                Pulpí (Almería)

 Obxectivos:

Desenvolvemento e promoción do deporte feminino e do tríatlon en idade escolar. Queda polo tanto excluída da convocatoria toda aquela deportista que xa estea incluída nun grupo e/ou programa de tecnificación.

 Criterios e Requisitos:

  • Deportistas cadetes ou junior de primeiro ano
  • Non pertencer a ningún grupo e/ou programa de tecnificación
  • Non ter participado e/ou ter sido convocada para ningunha competición internacional e/ou concentración co equipo nacional.
  • Non ter podido participar, con causa xustificada, nos encontros autonómicos do Progrma  Amazonas anterior
  • A orde de prioridade establecida está basada na oportunidade que as deportistas poidan aínda dispor  para participar en sucesivos programas Amazonas pola seguinte orde:

1º           Juniors de primeiro ano

2º.         Cadetes de terceiro ano

3º.         Cadetes de segundo ano

4º           Cadetes de primeiro ano

 

Deportistas convocadas:

María Bedel Abelleira Junior primeiro ano Club Olímpico de Vedra
Alba Otero Losada Cadete terceiro ano A.D. Fogar
Chloe Gabrielle Botana Prini Cadete terceiro ano Arcade Inforhouse Santiago

 

Reservas:

Iria Fernández Díaz Cadete terceiro ano A. P. San Ramón Vilalba
Fátima Del Blanco Cadete terceiro ano Arcade Inforhouse Santiago
Antía Pazos García Cadete terceiro ano Club Triatlón Mar de Vigo

Confirmación da convocatoria para titulares e reservas:

 Ata as 14:00 h. do venres, 20 de novembro de 2020,  enviando o documento  de autorización  asinado pola persoa responsable da menor,  pai/nai/titor-a ao   enderezo electrónico triatlonemuller@fegatri.org

 

Convocatoria Campus  Amazonas FETRI Pulpí