CONVOCATORIA CURSO OFICIAL NIVEL 1 DE TRIATLÓN GALICIA (FETRI/FEGATRI)

10 de Decembro de 2021

triatlon galego non para_concello de muros oficiales

A  Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno a través do seu Comité Galego de Xuíces e Oficiais e dentro das actividades formativas previstas para 2022, celebrará  o próximo mes de xaneiro e febreiro un curso de Oficial Nivel 1 de Tríatlon en colaboración coa Federación Española de Tríatlon,  acolléndose á nova normativa de formación establecida polo Comité Nacional de Oficiales da FETRI.

Se tes interese en formar parte dunha equipa consolidada de oficiais,  e coñecer o deporte do tríatlon dende un punto de vista diferente e colaborar no seu desenvolvemento  compartindo momentos con grandes triatletas,   ANIMÁMOSTE A FORMARTE COMO OFICIAL  e unirte á nosa gran familia.

Aviles 2021

DURACIÓN: 13 h. (9 online e 4 presenciais)

REQUISITOS:

  • Ter 16 anos cumpridos no momento do inicio do curso e estar en posesión de Título de  ESO ou equivalente/superior.
  • Recoméndase avaliación psicotécnica para o cumprimento das labores de oficiais.

OBXECTIVOS :
• Coñecemento do Tríatlon e das súas modalidades
• Aportar oficiais a este deporte
• Coñecer o funcionamento do regulamento e as sancións e saber como actuar
• Coñecer o traballo a desenvolver nos diferentes segmentos

DESENVOLVEMENTO DO CURSO

  • Unha parte común impartida pola FETRI  en aula virtual en tres sesións de 3h cada una.
    • Sábado 15 de xaneiro, de 9:00 a 12:00
    • Domingo 16 de xaneiro, de 9:00 a 12:00
    • Sábado 22 de xaneiro, de 9:00 a 12:00
  • Una parte específica presencial en Galicia (Pontevedra/Santiago/Ferrol/Lugo a determinar segundo inscrición)- 4h.
    •  febreiro (determinarase segundo a inscrición)
  • 3 prácticas a desenvolver en competición Galega- 18 h.

 

CUSTE: 40€ a aboar coa inscrición na plataforma  FETRI

  • Formación aula virtual (9 horas) e presencial (4 horas)
  • Certificado de ter completado a fase teórica (caso de superala)
  • Obsequio FETRI

Unha vez superada a fase teórica, a FEGATRI, a través do Comité de Oficiales, coordinará o proxecto formativo na fase de prácticas e a adscrición  do oficial á Federación informándoo/a de todos os custes federativos, entrega de uniformidade, e organización do colectivo na súa proxección autonómica.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Apertura de inscricións a partir do 13 de decembro ás 10.00 horas e peche o 10 de xaneiro ás 14.00 horas

https://competiciones.triatlon.org/es/evento/curso-de-oficiales-tecnicos-de-triatlon-fetri-ni-2

OUTRAS CONSULTAS e INFORMACIÓN:

Para calquera outra consulta podes dirixirte á Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno

fegatri@hotmail.com  Tlf. 982 251345

Quizáis che interese…