Selección Galega de Tríatlon, convivencia, aprendizaxe e competición

seleccion galega de triatlon

19 de Xullo de 2021

Unha experiencia moi positiva para todos os que formamos a expedición da Selección Galega de Tríatlon en categorías infantil e cadete a Almazán. Despóis dun duro viaxe dende Galicia, o venres tivemos tempo para soltar as pernas cun entrenamiento en equipo polo circuito de bici e un pouco de risas antes de descansar para a competición do sábado.

Agradecementos a todos os que axudaron para facer posible esta viaxe ata Almazán. Grazas a Craega por faciltarnos as mascarillas para os rapaces e rapazas.

O Concello de Almazán e a Federación Española de Tríatlon  tíñanos preparado todo un espectáculo nun marco incomparable como é o Parque da Arboleda, ideal para a práctica do tríatlon.

Amenecía un día caluroso en Almazán. Os rapaces e rapazas da Selección Galega de Tríatlon tiñan moitas ganas de facelo o millor posible e ¡vaia se o fixeron!.

Extraordinarios, colaborativos, sempre cunha sonrisa na cara, disfrutando e aprendendo a partes iguais e animando ós compañeiros en todas as probas.

equipazo selección galega de triatlon

 

Xa dentro da competición, a categoría infantil e o relevo mixto inclusivo (un triatleta, unha triatleta e unha deportista con discapacidad)  foi toda unha experiencia para os rapaces e rapazas que viñeron a proba a disfrutar e aprender. Non era puntuable para o Campionato de España, senón unha proba máis dentro do formato preparado pola Federación Española, pero os nenos e nenas o deron todo dentro das diferentes probas.

integrantes relevo inclusivo seleccion galega triatlon

Integrantes do relevo mixto

 

Dende a Federación Galega queremos dar as gracias ós triatletas infantiles convocados para esta proba, polo bo ambiente reinante en todo momento e as gañas de aprender. Mención especial para Nagore, polo a súas gañas e a súa sonrisa.

Aquí facemos un inciso na nosa crónica e utilizamos unhas fermosas verbas dunha nai que veu a animar ata Almazán. Grazas a todos por facernos disfrutar de estos maravillosos momentos.

Orgullosos de ver crecer a estes críos e crías, de poder ser espectadores de luxo por poder estar presente gozando de todas as súas fazañas. Pero a lección de Nagore do sábado non ma deu ninguén en case 50 anos, dar todo o posible ata o final e sen perder o seu sorriso nin un só momento. ENORME NAGORE! Declárome o teu fan incondicional e non deixes de ser nunca a loitadora que demostraches con fartura ser. Bravo!

seleccion galega de triatlon

Terceiro posto para Nagore

 

Xa metidos no Campionato de España en categoría cadete, cun formato novedoso onde empezamos gañando a primeira semifinal na categoría masculina coa victoria de Lucas García e o segundo posto para Damián Suárez e acadando o segundo posto na final por detrás da Comunidade Autónoma de Valencia.

Na categoría feminina, onde todas as rapazas fixeron unhas extraordinarias carreiras, acadamos a victoria por diante da Comunidade Autónoma de Valencia.

Na última proba do Campionato chegábamos moi parexos as dúas Comunidades e despóis dunha proba espectacular de todo o equipo e animando o resto da expedición, a victoria foi para o equipo da Comunidade Autónoma de Valencia e o noso relevo mixto entrou na segunda posición.

Dende aquí damos a enhorabuena ós integrantes da Comunidade Autónoma de Valencia pola súa victoria e a todo o noso equipo pola segunda posición acadada neste campionato de España. Noraboa!!

seleccion galega de triatlon

Podes consultar as clasificacións oficiais na páxina de Federación Española de Tríatlon.

Os adestradores da Selección Galega transmitíronnos a súa satisfación e agradecemento a todos os triatletas convocados para esta proba, así como a todos as nais e pais que acercáronse ata a Almazán. Ahora toca seguir aprendendo e disfrutando de este magnífico deporte que é o tríatlon.

equipazo seleccion galega de triatlon

Grazas de corazón. ❤️️❤️️❤️️

 

Quizáis che interese…