CONVOCATORIA SOLICITUDE ORGANIZACIÓN DE PROBAS 2017

22 de Setembro de 2016

A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

 A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon  Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas para a tempada 2017, co fin de poder  traballar no desenvolvemento do calendario , que aprobará a Asemblea Xeral, para a próxima tempada.
Este adianto na convocatoria de solicitude de probas para confeccionar o calendario, ven dado pola comunicación da DGT do novo procedemento de solicitude de permisos á DGT.

O calendario que pasemos a primeiros de novembro, dende a FEGATRI, terá prioridade sobre outro tipo de eventos.

A comunicación non é vinculante, todos terán que solicitar os seus propios permisos dentro dos prazos establecidos. A FEGATRI só fará unha comunicación de probas oficiais  ás que se lles dará preferencia sobre calquera outra solicitada.

Ligazón ao procedemento da DGT
https://sede.dgt.gob.es/es/tramites-y-multas/autorizaciones-especiales-de-circulacion/autorizaciones-especiales/calendario-evento-deportivos.shtml

Recepción de solicitudesata o 28 de outubro de 2016.

A solicitude deberá vir acompañada dun proxecto que debe contar cos aspectos básicos que se detallan a continuación para poder avaliala.
Somos conscientes de que se traballa a longo prazo e polo tanto farémolo con previsións que despois se concretarán cos delegados e delegadas das probas, e que en moitos casos poden sufrir tamén variacións por cuestións de permisos, financiamento ou outras realidades, pero  é importante ter unha descrición previa de todos estes puntos.

DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN  DE PROBAS
Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase en word)

FORMULARIO CALENDARIO-1 WORD

– Nome da proba
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2017 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).
– Dirección Executiva e Dirección de carreira
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída,transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe
– Premios
– Categorías
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de  carreira
– Avituallamentos.
– Voluntariado

Quizáis che interese…