Copa de Europa de Triatlón en Barcelona

8 de Outubro de 2021

A Copa de Europa de Tríatlon volve a Barcelona tras o éxito do ano pasado e tamén recupera a proba popular antes das competecións elite sprint na xornada do domingo.

No cadro de saída masculino, España conta cunha selección de máximas garantías e múltiples medallistas, encabezada polo recente subcampión europeo Roberto Sánchez Mantecón e o dobre campión de España 2021 (sprint e olímpico) David Castro. Tamén estarán na liña de saída Genis Grau, subcampión de Europa de dúatlon e podio no Campionato do Mundo de Lisboa, e Sergio Baxter, cuarto no último Campionato de Europa. O andaluz Alberto González do Tríatlon InforHouse de Santiago forma parte da expedición nacional para esta cita despóis da súa excelente temporada, conseguindo o segundo posto fai uns días no Campionato de España de Tríatlon Sprint celebrado en Pontevedra. Tamén entran na convocatoria da #TriArmada Jordi García e Anxo Sánchez, xunto co mozo Ander Noáin.

En categoría feminina, a triatleta olímpica local Anna Godoy do Cidade de Lugo Fluvial, que xa protagonizou en 2020 un emocionante sprint pola vitoria, volverá capitanear o equipo feminino na proba do domingo, acompañada por un nutrido continxente de triatletas españolas, ata 146en total. Entre elas, a galega Sara Guerrero do Náutico de Narón, a campioa olímpica española Xisca Tous e as súas compañeiras de podio Marta Pintanel e Natalia Hidalgo, así como a junior Helena Moragas, María Casals, as locais Claudia Pérez Pay e Sofía Aguayo, e Iratxe Arenal, Esther Gómez, Sonia Ruiz, Paula Sánchez e Pilar García, completando así a # TriArmada feminina.

sara guerrero en naron BARCELONA

A proba de Barcelona terá un circuíto esixente na proba ciclista, convertíndonse nunha competición de referencia internacional.

O centro neurálxico das dúas competicións será o paseo marítimo da cidade, as zonas de praia da Mar Bela e a Nova Mar Bela, e os campos de fútbol municipais de Can Aranyó – Agapito Fernández e CEM A Mar Bela.

Distancia Sprint nas dúas carreiras con 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira.

Os gañadores do ano pasado foron o noruegués Kristian Blummenfelt en 1:53:53 e a francesa Mathilde Gautier en 1:00:43. Os españois Javier Gómez Noya e Anna Godoy obtiveron senllas medallas de prata.

A Copa de Europa de elite de Barcelona poderá seguirse en directo a través da plataforma LaLigaSportsTV e da web da FETRI.

Quizáis che interese…