Pontevedra, sinónimo de tríatlon

pontevedra sinonimo de triatlon

4 de Outubro de 2021

Despóis de tres días de competición so queda dicir que Pontevedra é sinónimo de Tríatlon. A Federación Española de Tríatlon tiña preparado un evento espectacular, con probas explosivas para o disfrute dos participantes e os afeccionados que estiveron o longo das xornadas polas inmediacións da Ponte dos Tirantes e a beira do Río Lérez.

Aínda que o tempo non foi o millor e que tivemos que traballar moi duro coas inclemencias sufridas o sábado pola noita por culpa do vento e a choiva para o domingo, o balance foi moi positivo. Agradecer a todos os que fixeron posible que puidéranse disputar todas as probas programadas sen apenas contratempos e o bo traballo do grupo de voluntarios durante a primeira hora do domingo, reparando todo o sucedido durante a noite.

Un sábado especial con probas explosivas para os máis xóvenes que deron todo un espectáculo a primeira hora da mañá nas clasificatorias das diferentes categorías e rematando coas roldas finais de vértixe. Explosividad podríamos definir o vivido nas dúas probas élite, onde tanto as mulleres coma os homes fixeron vibrar aos espectadores que estiveron nos diferentes puntos do recorrido. O nivel mostrado polos triatletas na carreira a pé, confirma o gran nivel do tríatlon nacional a pesar da falta dalgún dos millores triatletas da distancia Sprint.

Un domingo onde vivimos unha gran partipación na categoría de Grupos de Idade e un gran nivel do paratriatlon nacional, coa presencia dos medallistas en Tokio 2021. Terminando a xornada ven entrada a tarde coa proba das Pho3nix Kids Triathlon Series, onde os máis pequenos disfrutaron deste magnífico deporte coa partipación do triatleta galego Javier Gómez Noya esperándolos na liña de meta.

Podemos confirmar o bo nivel do triatlon galego cos podios de Alberto González e Sara Guerrero na categoría Élite. Un oro e unha prata na categoría Junior Masculina para Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) e Andrés Prieto (A.D.Fogar) e o bronce da triatleta do Náutico de Narón, Natalia Castro, na categoría Junior Femenina. Os dous podios na categoría Xuvenil Feminina de Adam Zoe e Aiona Gontán do Tríatlon InforHouse de Santiago. E os podios na categoría cadete de Marta Novo (Tríatlon Ferrol), Damián Suárez (C.N.Cedeira) e Lucas García (Tríatlon Compostela). Ademáis de multitud de podios por equipos.

Sen olvidarnos da gran participación de galegos nas diferentes categorías en Grupos de Idade e na proba de Paratriatlon, onde a galega Susana Rodríguez non puido revalidar o seu título por mor dunha avería na proba de bicicleta.

RESULTADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT PONTEVEDRA

E non podemos olvidar a gran noticia do venres, onde confírmase a candidatura da cidade de Pontevedra para acoller a Gran Final das Series Mundias de Tríatlon no ano 2023, coa presencia do Alcalde da cidade Miguel Anxo Fernández Lores, o edil de Deportes, Tino Fernández e o máximo expoñente do tríatlon nacional, Javier Gómez Noya.

Teremos que esperar ata finais do mes de Outubro para coñecer a decisión final, coma ven xinalou o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo.

Todo o equipo que formamos a Federación Galega de Tríatlon queremos agradecer a todos os deportistas e os clubes a súa implicación e disposición en todas as probas celebradas e seguimos traballando para os próximos eventos.

Poñémonos Modo Duatlon. 

Quizáis che interese…