Na seguinte ligazón pódese consultar a clasificación para o Campionato Galego de Dúatlon de Estrada a celebrar en San Cibrao das Viñas.
Copia de Clasificados-Campionato-Galego-de-Duatlon-V2
INVITACIÓNS
Abrese o prazo para comunicar ou solicitar invitacións de acordo ao artigo 5 do Regulamento de Competición FEGATRI, ata o próximo domingo, 31 de marzo ás 23:59 h.
As invitacións enviaranse a fegatri@hotmail.com no prazo establecido.
- Os deportistas inscritos a través das invitacións establecidas nos artigos 5.2a,b e c) recibida a comunicación serán revisadas e validadas na inscrición.
A concesión das invitacións da Dirección Técnica- será comunicada o martes, día 2 de abril pola mañán para que se proceda a súa inscrición de concederse as mesmas.
———————
5.- Invitacións para o Cpto Galego
As invitacións non alterarán a participación dos equipos. É dicir, se o equipo non tivera tres
clasificados ou clasificadas, previamente á final, non lle puntuará ningún invitado ou invitada. No
caso de ter previamente 3 clasificados puntuarían coma un ou unha máis.
5.1) As invitacións só serán para deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que
tivesen participación na tempada anterior.
5.2) Distribución: As invitacións concederanse a mulleres e homes en función da clasificación
no Campionato Galego da tempada anterior feminino e masculino respectivamente.
a) Os tres primeiros clubs masculinos disporán de 3 invitacións masculinas e os tres
primeiros femininos de 3 femininas.
b) Do 4º ao 6º clasificados disporán de 2msc e/ou 2 femininas segundo a súa
clasificación masculina e/ou feminina
c) O resto dos clasificados na tempada anterior disporán de 1 e 1
As invitacións dos artigos anteriores (5.2 a,b,c) deberán ser comunicadas por escrito á
FEGATRI ao remate dos circuítos, previo á inscrición na proba de Cpto Galego.
d) A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 invitacións masculinas e 3 femininas,
para causas excepcionais, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas.
Será requisito imprescindible para optar a estas invitacións ter participado, nos
últimos dous anos, nunha proba ITU.
A solicitude do artigo 5.2d) deberá ser motivada e presentada por escrito ao remate dos
circuítos no prazo establecido.