Cristina Torres (Mar de Vigo) e Fady Hout Varela (Club Natación Liceo) proclamáronse hoxe vencedores da segunda edición do Tríatlon Solidario Concello de Negreira.
Na categoría masculina, Fady Hout Varela foi o máis regular na proba, para lograr o triunfo un tempo de 1:07:45, mentres que segundo foi Alexandre Rodríguez (Tríatlon Morrazo) e terceiro, Arturo Ramos (Talleres David Tríatlon Compostela).
Na proba feminina, Cristina Torres foi a mellor dende o inicio para rematar na primeira posición cun tempo de 1:22:00. A segunda posición foi para Iria Campos (Artrogal Tri-498) e a terceira, para Cristina Gómez (Club Ciclista Riazor).
Por segundo ano consecutivo, o tríatlon de Negreira é unha proba solidaria a favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas. Do custe de cada inscrición serán doados 2 euros, dos cales 1€ será destinado para cofinanciar o programa asistencial socio sanitario de FEGEREC e o outro, para a investigación en enfermidades raras a través da Fundación FEDER.