Cristóbal Dios e María Ortega repiten triunfo no Desafío Illas Cíes

24 de Setembro de 2017

Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) e María Ortega (TriToledo) proclamáronse hoxe vencedores do V Desafío Illas Cíes, revalidando desta forma o triunfo conseguido o pasado ano.

Na categoría masculina Cristóbal Dios ademais logrou o mellor rexistro das cinco edicións desta proba cun tempo de 3:55:55 para realizar os 1,9 quilómetros de natación, os 90 quilómetros de ciclismo e os 22,1 de carreira a pe.

O podio masculino quedou formado por Cristóbal Dios no máis alto, mentres que segundo foi Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) e Sergio Bolado (Elche) na terceira posición.

Na proba feminina, María Ortega logrou o triunfo (4:34:10), con María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) na segunda posición e Ana Caleya (Tríatlon Clavería Móstoles), na terceira.

TRI_TODO_SOLO_GENERALES

TRI_TROFEOS_TODOS

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....