UXÍO ABUÍN, BRONCE NA COPA DO MUNDO DE HUELVA

25 de Setembro de 2017

Espectacular traballo de Uxío Abuín na Copa do Mundo de Huelva, onde logrou subirse ao podio. O galego, que fixo unha moi boa carreira a pe, logrou remontar para acadar esa medalla de bronce (1:46:47).

Ademais, hai que destacar a novena posición de Antonio Serrat (1:47:48), que non se atopou demasiado fino na carreira a pe, para poder subir algunhas posicións.

Na proba feminina, Joselyn Brea -co terceiro mellor tempo na carreira a pe- rematou na 16ª posición, mentres que Inés Santiago foi 20ª. Inés veuse envolta nunha caída, durante a bicicleta o que lle fixo perder bastante tempo, ademais de correr bastante dolorida, polo que esa vixésima posición é aínda máis meritoria. Melina Alonso foi a 23ª e non puideron rematar nin Camila Alonso nin Sara Guerrero.

Resultados Huelva

Quizáis che interese…