CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, 22º NA COPA KREMLIN DE PÉNTATLON MODERNO

24 de Maio de 2015

O galego Cristóbal Rodríguez acadou hoxe a 22ª posición na Copa Kremlin de Péntatlon Moderno, facendo unha boa competición nunhas condicións moi complicadas para o noso deportista.

Cristóbal tivo que competir con todo prestado (pistola, espada, roupa) xa que se perdeu toda a súa equipaxe e non puido recuperala a tempo da proba. Ademais, o deportista acudía a Moscú un pouco renqueante, por culpa da asma (que o tivo sen adestrar varios días) e un nocello tocado. Así o seu mellor resultado foi na natación (11º) e o máis frouxo a combinada (22).

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...