TRES OUROS, UNHA PRATA E UN BRONCE PARA GALICIA NO CLASIFICATORIO DE PÉNTATLON DE CANTABRIA

23 de Maio de 2015

Magnífica actuación da selección galega de péntatlon moderno de categorías menores no clasificatorio para o Campionato de España que se disputou hoxe en Cantabria. O equipo galego acadou tres ouros (Claudia Gámez, Martín Freije e Andrea Vidal), unha prata (Ainhoa Corral) e un bronce (Manu Sotelo).

Na categoría alevín, ouro para Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e prata para Ainhoa Corral (Tri-Penta), mentres que na categoría masculina non houbo preseas galegas: Óscar López (Tri-Penta) foi cuarto; Gabriel Mella (Zalaeta 100 Tolos) foi sexto e Germán Álvarez (100 Tolos), sétimo. Hai que destacar que Claudia foi a mellor da categoría, tanto de chicas coma de chicos.

En infantil, dous ouros galegos: Martín Freije (Tri-Penta) e Andrea Vidal dominaron as súas categorías e ademais, Andrea foi a segunda mellor de todos os participantes (só por detrás de Martín). O outro galego nesta categoría, Julián Noya (100 Tolos) foi sétimo.

En cadete, Manu Sotelo (Tri-Penta) logrou a última medalla, un bronce, mentres que Francisco Pardo (100 Tolos) foi cuarto clasificado.

E por último, destacar que na categoría benxamín participou Roque Torre (100 Tolos) que foi cuarto.

Nesta proba participaron deportistas de Asturias, Cantabria, Castela e León, Madrid e Galicia. Este foi o segundo clasificatorio para o Campionato de España de Péntatlon Moderno para categorías menores, que se celebrará o 14 de xuño en Soria.

 

 

 

Quizáis che interese…