CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, 27º NO CAMPIONATO DO MUNDO DE PÉNTATLON MODERNO

28 de Maio de 2016

Cristóbal Rodríguez rematou na 27ª posición no Campionato do Mundo de Péntatlon Moderno, que se celebrou hoxe en Moscú (Rusia). O galego, que fixo unha competición máis discreta que na semifinal do xoves, cumpriu un soño disputando esta final, cos mellores do mundo, xa que participaban case todos os deportistas que están clasificados para os Xogos de Río.

Na esgrima non estivo tan afortunado coma nas semifinais. Logrou un total de 16 vitorias e ocupou a 18ª posición (204 puntos). Na natación foi 22º  e sumou un total de 326 puntos, e fixo a hípica sen derribos nin exceso de tempo sumando o total de 300 puntos. Na combinada, baixou un pouco e quedou no 27º posto. Así, ao remate e coa suma de todos os puntos foi o 27º da final con 1.401 puntos.

Quizáis che interese…