CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, 29º NA COPA DO MUNDO DE PÉNTATLON MODERNO DO CAIRO

27 de Febreiro de 2016

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo logrou a 29ª posición (1.384 puntos) na final da primeira Copa do Mundo de Péntatlon Moderno da tempada, que se está a celebrar no Cairo (Exipto). Con este resultado, Cristóbal suma importantes puntos para o ranking mundial cara á clasificación para os Xogos Olímpicos de Río. A próxima Copa do Mundo será entre os días 7 e 13 de marzo en Brasil.

 

Todo se decidiu na combinada, xa que os pentatletas chegaron moi igualados a última proba da final. Cristóbal, a pesar de que non fixo peor resultado que nas semifinais, caeu moitas posicións ao rematar na penúltima posición do grupo de 36 na combinada.

 

Ata aí esta foi a súa andaina: Na esgrima, Crístóbal logrou un total de 18 vitorias e 17 derrotas e rematou na 18ª posición con 208 puntos. Na natación foi o 22º dos 36 participantes na final, cun discreto tempo de 02:06:35 e na hípica sumou 298 puntos, perdendo dous por exceso de tempo. A falta da celebración da combinada ocupaba a 19ª posición con 827 puntos.

 

O triunfo na Copa do Mundo do Cairo, primeira da tempada, foi para o pentatleta exipcio Amro El Geziry con 1.478 puntos.  O segundo posto foi para o húngaro Adam Marosi 1.470 puntos) e terceiro Valentim Belaud (Francia) coa mesma puntuación.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...