CRISTÓBAL RODRIGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA SÉNIOR DE PÉNTATLON MODERNO

7 de Xullo de 2013

 Galicia logrou un total de oito medallas (4 ouros, 3 pratas e 1 bronce) no campionato de España Individual de Péntatlon Moderno, que se celebrou o sábado 6 de xullo en Sant Boi de LLobregat (Barcelona). Ademais, hai que destacar que Cristóbal Rodríguez Fidalgo logrou o título de campión de España na categoría sénior.

 Cristóbal chegou o mesmo día da competición a Sant Boi de Llobregat procedente de Hungría onde está preparando o Campionato de Europa. Pero a pesar diso foi o mellor e con moita superioridade. Logrou a mellor puntuación en natación, esgrima e combinada, e fixo a mellor  competición de toda a tempada. Así, proclamouse campión de España por diante de Toni Marco (Cataluña) e Ángel Ceballos (Canarias). O campión de España 2012 Aleix Heredia rematou na cuarta posición.

Galicia logrou máis medallas nas categorías inferiores. Martín Freije (alevín masculino), Andrea Vidal (alevín feminina) e Aroa Freije, Bronce europeo, (cadete feminina) lograron o título de campións de España nas súas respectivas categorías, amosando que os resultados acadados na presente tempada non foron casualidade.

Ademais, Lucas Pena logrou a medalla de prata en benxamín masculino, e Esteban Basanta conseguiu a medalla de bronce en alevín masculino. Pola súa parte, Lorena Iglesias logrou a medalla de prata en infantil feminino e Raul Blanco foi segundo na categoría xuvenil masculino.

Ademais, Galicia logrou, por vez primeira na historia, poñerse por diante de Cataluña, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Galicia logrou o título nas categorías xuvenil, cadete e alevín, mentres que Cataluña foi a mellor en benxamín e infantil.

Os benxamíns, alevíns e infantís realizaron as probas de natación e combinada (carreira e tiro con láser); mentres que os cadetes e xuvenís xa incorporan a especialidade de esgrima e por último, os júnior e sénior, realizarán todas as disciplinas (natación, esgrima, hípica e combinada)..

No ano 2012 Galicia logrou nove medallas (4 ouros, 4 pratas e un bronce) no Campionato de España Individual de Péntatlon Moderno.

Quizáis che interese…