O DOMINGO 14 DE XULLO CELEBRARASE O XIII TRÍATLON CIDADE DE FERROL

12 de Xullo de 2013

 Máis de trescentos deportistas (315) participarán o domingo 14 de xullo no XIII Tríatlon Cidade de Ferrol, que é unha proba clasificatoria para o Campionato Galego 2013. No programa previsto haberá probas populares, para os máis pequenos (Nada e Corre) e as federadas (masculina e feminina).

A carreira elite disputarase na modalidade de sprint, con 750 m de natación na praia de Caranza, a continuación 20 quilómetros do segmento de ciclismo  e finalizarán coa carreira a pe de 5 quilómetros. A saída feminina está prevista para ás 12 horas, e entre as participantes destacan Silvia Veira (Arcade Inforhouse), Diana Cotón (Arcade) e as cadetes Carmen Gómez e Inés Santiago (ambas do club local, Tríatlon Ferrol), que veñen de lograr para Galicia o título de campioa de España de Tríatlon Escolar por relevos, ademais de estar durante toda a tempada entre as primeiras clasificadas en todos os campionatos de España disputados.

Para a proba masculina haberá dúas saídas: ás 11:00h comezará a proba B, mentres que ás 12:30 horas será a saída A elite masculina. Parten como favoritos para loitar polo triunfo José Manuel Pardo Leis (Muralla de Luo), Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo), Francisco Cendán (Dexter Tríatlon Compostela) e Iván Cáceres (Diablillos de Rivas).

Máis probas. O programa de probas do día comezará ás 10:0 horas coa celebración da proba “Nada e Corre” para as categorías benxamín e alevín. Aquí as distancias son de 150 metros de natación e 500 metros de carreira a pe e esta proba non é competitiva, xa que o que busca é a participación dos máis pequenos. So cinco minutos máis tarde, darase a saída a unha proba popular, na que os participantes terán que facer 300 metros de natación, 10 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros na carreira a pe.

 

 

Quizáis che interese…