CRISTÓBAL RODRÍGUEZ E RAÚL BLANCO DISPUTARÁN O OPEN DE PORTUGAL DE PÉNTATLON MODERNO

11 de Decembro de 2015

Cristóbal Rodríguez e Raúl Blanco disputarán esta fin de semana o Open de Portugal de Péntatlon Moderno, que se celebrará en Coimbra.

 

Mañá sábado disputaranse as probas de natación, esgrima e combinada, mentres que o domingo terá lugar a de hípica para aqueles deportistas que se clasifiquen para a gran final (os oito mellores).

 

Esta proba é o campionato de Portugal, pero está aberto para deportistas doutras nacionalidades., Desta forma, tamén competirán as seleccións turca e brasileira, polo que será unha boa pedra de toque para medir o estado físico dos nosos deportistas. A tempada que está a comezar será fundamental para Cristóbal, xa que está en xogo a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río.

 

 

Quizáis che interese…