O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo non puido acadar a clasificación para a final da Copa do Mundo de Río de Péntatlon Moderno. O noso deportista perdeu todas as súas opcións na última proba, na combinada, onde estivo bastante frouxo. A pesar diso hai que destacar o bo rendemento na natación e na esgrima.
Na natación acadou un total de 329 puntos, cun tempo de 2:03:75 e quedou na décima posición do seu grupo de 35. Na esgrima continuaron as súas boas prestacións logrando 20 vitorias e a undécima posición (226 puntos). Pero na combinada a calor e a humidade pesaron moito sobre o rendemento de Cristóbal e caeu moitas posicións. Logrou 537 puntos e foi a 21º do seu grupo, polo que trala suma dos tres resultados logrou un total de 1.092 puntos e quedou na 18ª posición do seu grupo, fóra dos 36 clasificados para a final do domingo.
O outro español presente na Copa de Río, Aleix Heredia, tivo dores nas costas duranta esgrima e non puido rematar a proba.