LOITO NO DEPORTE GALEGO POR UN NOVO ATROPELO A CICLISTAS

12 de Marzo de 2016

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno quere manifestar a súa consternación e dor polo novo atropelo a ciclistas nas estradas galegas, nesta oportunidade na estrada PO-552, que une Baiona e A Guarda. No accidente faleceu un ciclista e hai 7 feridos máis, algúns deles graves.

A FEGATRI volve a recordar aos condutores a necesidade de manter a distancia de seguridade entre as bicicletas e os vehículos. Ese metro e medio pode ser decisivo para previr a existencia de accidentes que, normalmente, teñen terribles consecuencias para os ciclistas, que son os máis fráxiles nestas situaciones.

 

Quizáis che interese…