CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DO MUNDO DE PENTATLÓN DE BUDAPEST

30 de Xaneiro de 2014

 O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará esta fin de semana (1 e 2 de febreiro) na Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de Budapest coa que dará comezo a tempada 2014. O galego foi convocado polo seleccionador español, xunto a Aleix Heredia e Marta García.

Cristóbal enfronta esta proba con algunhas dúbidas xa que acaba de recuperarse dunha periostitis nun pe, que o tivo sen adestrar durante dez días. Pero ata a lesión, o deportista estaba adestrando a un moi bo nivel polo que confía en poder render en Budapest. A proba divídese en dous días. No primeiro, os deportistas loitan por clasificarse para a final e para iso realizan a competición en todos os deportes menos a hípica (natación, esgrima e combinada -carreira e tiro-) e na final xa participan en todas as especialidades.

 

Quizáis che interese…