CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ ESTE DOMINGO NA KREMLIN CUP

21 de Maio de 2015

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará esta fin de semana en Moscú na Kremlin Cup, proba que reunirá aos mellores pentatletas do mundo tanto na categoría masculina coma feminina. Cristóbal viaxará mañá en dirección a Rusia, onde competirá o domingo.

Cristóbal viviu un mes bastante complicado por culpa da asma e da alerxia, polo que non puido adestrar de forma continuada. Así que haberá que ver en que condicións chega a esta competición.

A Kremlin Cup é un torneo internacional de gran prestixio, ao que só se acede por convite persoal da Federación Rusa de Péntatlon Moderno, e que reúne aos 36 mellores especialistas do mundo tanto homes coma mulleres na devandita modalidade deportiva. A competición, que dará puntos para o ránking mundial, celébrase segundo as normas da Federación Internacional de Péntatlon Moderno e terá lugar no “CSKA” Sport Complex de Moscu.

Será a terceira vez que o galego está convidado para participar neste evento. Con anterioridade participou nos anos 2012 e 2014. É o único español que foi invitado para competir este ano na Kremlin Cup.

 

 

Quizáis che interese…