O campionato galego de duatlón escolar celebrarase o 31 de maio na Pastoriza

22 de Maio de 2015

A final do Campionato Galego de Duatlón Escolar celebrarase o próximo día 31 de maio (11:00 horas) na Pastoriza (Lugo) coa participación de 220 deportistas.

Hoxe tivo lugar a presentación da proba no Concello coa participación da tenente de alcalde Elva Carrera González; o xefe do servizo de Deportes de Lugo, Manuel Otero Méndez e a secretaria xeral da Federación Galega de Tríatlon, Ánxeles Otero Trigo.

Con anterioridade a celebración desta final fixéronse dúas clasificatorias e unha final provincial nas provincias de Lugo e A Coruña, e unha clasificatoria e unha final provincial nas provincias de Ourense e Pontevedra. Das finais provinciais clasificáronse os/as 8 primeiros por categoría (benxamín, alevín, infantil e cadete) e sexo e os dous primeiros equipos  por categoría e sexo.

REGULAMENTO-Duatlon-A PASTORIZA

Clasificados Cto Galego Dua Escolar2015

Quizáis che interese…