RESULTADOS SEGUNDA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON POR CLUBS

21 de Febreiro de 2016

O Campionato de España de Dúatlon por Clubs de Boiro rematou hoxe cunha magnífica xornada de deporte de alto nivel na localidade galega. Na Primeira División, dobrete do Diablillos de Rivas (categorías masculina e feminina) e sen medallas para os clubs galegos. Na categoría feminina o Cidade de Lugo Fluvial foi cuarto clasificado, mentres que na masculina o Arcade rematou na décima posición.

Na Segunda División o Arcade Inforhouse logrou a primeira posición na categoría feminina, mentres que o Olímpico de Vedra foi sétimo clasificado. Na clasificación masculina, o bronce foi para Cidade de Lugo Fluvial, mentres que o Olímpico de Vedra ocupou a sétima praza.

Resultados

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.