CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO EN POLONIA

12 de Xullo de 2013

O deportista galego Cristóbal Rodríguez participará no Campionato de Europa de Péntatlon Moderno, que se celebrará entre os días 11 e 17 de xullo en Drzonjow (Polonia).

Cristóbal enfronta este obxectivo moi animado, despois de que a pasada fin de semana lograse proclamarse campión de España Absoluto. E iso a pesar de que chegou o mesmo día da competición de viaxe procedente de Tata (Hungría), onde estaba adestrando pensando no Europeo que se celebra nestes días. En primeiro lugar terá que superar a fase  clasificatoria para entrar na final.

Copa Atlántica. Pero haberá máis competición para as e os pentatletas galegos. Esta fin de semana a selección galega estará presente na Copa Atlántica de Péntatlon Moderno que se celebra en Setúbal, e na que participarán deportistas de Portugal, Galicia, Hunfría, Inglaterra e Francia. O sábado celebrarase a proba de combinada e o domingo natación e esgrima. O máis importante desta proba é que será clasificatoria para o Campionato de Europa de Menores que se celebrará en setembro en Portugal. O obxectivo final é lograr a praza para as Olimpiadas da Xuventude do 2014, onde Raul Blanco e Aroa Freije teñen moitas opcións de participar, pero para iso hai que clasificarse.

En Setúbal Galicia estará representada por Raul Blanco (xuvenil masculino); Aroa Freije e Lúa Vidal (cadete feminino); Javier Pena (infantil masculino); Lorena Iglesias (infantil feminino); Martín Freije e Esteban Basanta (alevín masculino), Andrea Vidal (alevín feminino) e Lucas Pena (benxamín masculino).

 

Quizáis che interese…