CRISTÓBAL RODRÍGUEZ QUEDOU A UN PASO DE ENTRAR NA FINAL DO MUNDIAL DE PÉNTATLON MODERNO

4 de Setembro de 2014

Cristóbal Rodríguez Fidalgo estivo moi cerca de lograr o seu obxectivo de entrar na final do Campionato do Mundo de Péntatlon Moderno, que se está a disputar en Varsovia. O galego fixo unha moi boa competición e quedou a so tres postos de lograr entrar na final, que se disputará o sábado.

E iso que non tivo precisamente sorte o galego. Tivo que competir no grupo máis duro, no que estaban os deportistas de máis nivel. Rematou na 13º posición do seu grupo e de forma directa se clasifican os dez primeiros e despois os deportistas que lograran as seis mellores puntuacións. E Cristóbal foi o noveno (empatado a puntos con dous deportistas máis).

Así foi 16º na esgrima onde tivo que enfrontarse a grandes competidores, mentres que fixo unha magnífica natación, logrando o cuarto mellor posto do seu grupo. Necesitaba unha boa combinada para seguir remontando e ai baixo un pouquiño coa 19 posición. Ao final, ocupou a 13ª posición con 1163 puntos.

A pesar de quedar fóra da final, o galego ten que estar contento coa súa competición. Quedou por diante do outro español (Aleix Heredia) e ademais subiu postos no ranking mundial.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.