CRISTÓBAL RODRÍGUEZ QUEDOU FÓRA DA FINAL DO EUROPEO

20 de Agosto de 2015

Cristóbal Rodríguez Fidalgo non acadou un posto na final do Europeo absoluto de Péntatlon Moderno, que se celebrara o sábado en Bath (Gran Bretaña). Hoxe tivo lugar a semifinal e Cristóbal non logrou meterse entre os 36 mellores.

Estivo entre os mellores na natación (foi 10º) e na esgrima (13º), pero na combinada baixou moitas posicións (ocupou a 25ª de 31 deportistas) e así só puido rematar na posición 23 do seu grupo e quedou fóra da final. O galego, aínda que mellorou un pouco na carreira, está a acusar toda a tempada sen poder adestrar de forma continuada por culpa deses problemas de asma que o obrigaron a abandoar Barcelona e regresar a Galicia para adestrar.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.