O SÁBADO 22 DE AGOSTO CELÉBRASE O XXVI TRÍATLON POPULAR VILA DE ALLARIZ

21 de Agosto de 2015

O sábado 22 de agosto (18:00 horas) terá lugar o XXVI Tríatlon Vila de Allariz coa participación de 150 deportistas, cantidade máxima permitida pola organización polas características do lugar onde se celebra. Coma ven sucedendo cada ano, a inscrición encheuse en poucas horas e hai deportistas en lista de espera, por se houbese renuncias.

 

Espérase unha proba moi igualada en ambas categorías, pero entre os inscritos podemos destacar a Mar Villar (Trinorth-Nogasa) e Lorena García (Mar de Vigo) na categoría feminina, ou a Cristóbal Dios (Tríatlon Arteixo) e Pedro Esmorís (Tríatlon Arteixo), na masculina.

 

A proba disputarase sobre as distancias de 750 metros de natación, 24 quilómetros de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pe. A recollida de dorsais terá lugar na Alameda de Allariz e a proba disputarase nunhas paraxes espectacularmente belas. O segmento de bicicleta é duro, xa que a primeira parte do percorrido é en ascenso, mentres que na carreira a pe combinan parte de asfalto con camiños de pedra con algunha pendente.

 

 

 

Quizáis che interese…